LG quere centralizar a domótica nun altofalante conectado
mércores, 30 de decembro do 2015
Os fabricantes de electrónica de consumo continúa a avanzar
na chamada Internet das Cousas, pero centrándose principalmente na domótica,
para o que LG
vai amosar no CES de La Vegas o seu novo SmartThinQ Hub, un dispositivo
pensado para ser o corazón do fogar conectado, que serva de pasarela para os
sensores repartidos polo fogar e os dispositivos/electrodomésticos compatibles,
servindo tamén como un altofalante para escoitar música e lembrar anotacións na
axenda (resultando inevitable que lembre ao Amazon Echo).
O novo trebello servirÃa para facilitar o control de lavadoras, frigorÃficos,
fornos, aspiradoras robóticas, sistemas de aire acondicionado e unha chea de
sensores, de xeito que recolle a información que achegan todos os dispositivos
conectados (amosando a información dos mesmos na súa pantalla de 3,5 polgadas)
e facilitando tamén a bidireccionalidade da comunicación a través dunha
aplicación para smartphones.
- O hub pode comunicarse con sensores repartidos polo fogar
Para que o LG SmartThinQ Hub case ben co fogar, conta cun corpo metálico en cor negra ou ouro champaña, e busca comunicarse con numerosos dispositivos a través de Wi-Fi, Bluetooth ou Zigbee, sendo compatible con numerosas tecnoloxÃas domóticas que o converterán nunha solución moi atractiva para os que busquen automatizar ao máximo o seu fogar.
- O SmartThinQ Hub xoga un rol importante no concepto de fogar conectado de LG