La Caixa achegou o seu bus emprendedor e tecnolóxico ao Porriño

mércores, 2 de agosto do 2023 S. P.

O bus de LabEmprende, o proxecto educativo itinerante promovido pola Fundación La Caixa a través de EduCaixa, fixo escala estes últimos días de xullo no Porriño, incluíndo a vila no percorrido que está realizando por diferentes localidades de España, destinada a que pequenos e maiores, principalmente mozos, coñezan o mundo do emprendemento. Trátase dunha unidade móbil equipada últimas tecnoloxías na que se crea un espazo multimedia con diferentes actividades interactivas. Estes recursos van destinados a poñer de manifesto o proceso do emprendemento, as súas características e os valores dunha actitude emprendedora.
A concelleira de Educación, Carolina González, visitou a unidade móbil este luns 31 de xullo para coñecer de primeira man como se desenvolve esta actividade que conta coa colaboración do Concello do Porriño.
O espazo interior de este bus comprende cinco ámbitos de experimentación: Emprender é unha actitude; Somos emprendedores; Mira. Aprende a observar; Pensa. Solucións innovadoras; Fai. Da idea ao negocio e Empeza. Se queres, podes.
Ao LabEmprende poden subirse principalmente mozos e mozas de idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos.
“É unha proposta moi interesante que permitirá aos mozos e mozas estimular novas formas de pensar e de actuar, permitíndolles desplegar os seus talentos e potenciais”, apuntou a concelleira, engadindo que “por iso convido á mocidade a visitar este bus e descubrir todo o que lles pode ofrecer”.
O bus estará esta semana en Rianxo, tal e como sinalamos onte dende este mesmo medio.

PUBLICIDADE