La Velada del Año volve converterse no directo con máis espectadores en Twitch

luns, 15 de xullo do 2024 Marcus Fernández

Un ano máis a cita organizado polo célebre streamer Ibai Llanos no estadio Santiago Bernabéu de Madrid, La Velada del Año IV, foi moito máis que unha serie de combates de boxeos entre influentes, para converterse en todo un espectáculo de grande seguimento internacional até volver realizar unha nova mundial en número de espectadores simultáneos a través de Twitch, superando os 3,8 millóns.
O evento contou coa participación de numerosas figuras célebres da cultura en liña, pero tamén de actuacións musicais como as de Julieta Venegas, Paulo Londra, Young Miko, David Bisbal, Anuel AA, Bizarrap e mesmo Will Smith, quen sorprendeu interpretando o tema de O Príncipe de Bel-Air).
Pero dende a perspectiva galega o máis relevante da xornada foi a entrada do streamer compostelán Diego Iglesias (máis coñecido como Guanyarr) xa que chegou acompañado polas Tanxugueiras interpretando Terra. A grande entrada non se correspondeu coa fortuna no cuadrilátero, xa que o galego tivo que retirarse do combate por mor dunha lesión, dando a vitoria ao streamer arxentino La Cobra.