LaCie presenta memorias USB para aventureiros
mércores, 14 de xullo do 2010
Nos últimos tempos LaCie foi capaz de sorprender aos usuarios con orixinais
memorias USB con forma de chave e outros inventos entre os que agora
destacariamos as memorias Lacie
XtremKey, que en capacidades de entre 8 e 64 Gb prometen ser ideais para os
usuarios máis aventureiros, pois
estamos ante un produto cunha resistencia impresionante que mantén os nosos
datos protexidos de golpes, temperaturas extremas e lÃquidos, o que conseguen
incrustando a memoria USB nunha cápsula dunha aliaxe de cinc, aluminio,
magnesio e cobre de 2 milÃmetros de grosor que é somerxible a 100 metros,
soporta caÃdas a 5 metros de altura, temperaturas de entre 200 e -50 graos
centÃgrados e mesmo a presión das rodas dun camión de 10 toneladas.
Está claro que a idea non é que sometamos os nosos datos ás torturas
mencionadas, pero moitos agradecerán que ao transportar información importante poidan
gozar dun soporte robusto, que tampouco sacrifica rendemento, pois este tipo de
unidades gozan dunha velocidade de lectura de 40 Mbytes/segundo e de escritura
de 30 Mbytes/seg. Estarán dispoñibles nas
tendas a partir do mes de agosto, aÃnda que polo momento non anunciaron o
seu prezo.
VÃdeo promocional das resistentes memorias LaCie XtremKey