Lara Croft protagoniza un atractivo xogo de quebracabezas para móbiles

xoves, 27 de agosto do 2015 Marcus Fernández

Os xogos para móbiles baseados na franquía de Tomb Raider van dende aventuras en perspectiva isométrica até runners, e agora Square Enix dá importante salto ao estrear Lara Croft GO para Android, para iOS e para Windows Phone/Windows, custando en todos os casos 4,99 euros.
O sorprendente deste xogo é que estamos ante un título que fuxe da acción, entrando do xénero dos quebracabezas en quendas, tendo que experimentar unha aventura de exploración polas ruínas dunha civilización antiga, descubrindo segredos ocultos e enfrontando retos traizoeiros mentres se desentraña o mito da raíña do veleno.
Lara Croft GO conta cuns gráficos detallados, unha boa banda sonora, un control sinxelo (manéxase con simples deslizamentos co dedo), inimigos temibles, trampas mortais, máis de 75 quebracabezas repartidos en 5 capítulos e a posibilidade de reunir reliquias antigas e desbloquear novos atavíos para Lara.

Tráiler de Tomb Raider GO

PUBLICIDADE