Lara Méndez clausurou un curso de manexo de drons no que participaron 15 policías

xoves, 24 de novembro do 2022 S. P.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada polo Intendente da Policía Local, Jesús Piñeiro, clausurou este 21 de novembro un curso en manexo de drons no que participaron 15 policías municipais. A rexedora destacou “a importancia desta preparación, que se desenvolveu por primeira vez, e que contribuirá a ofrecer un mellor servizo á cidadanía”.
Os axentes locais preparáronse para poder superar o exame da AESA (Axencia Estatal de Seguridade Aérea). Neste senso, adquiriron os coñecementos necesarios desde o ámbito legal e operacional, con todas as medidas de seguridade necesarias, para operar cos vehículos aéreos non tripulados.
A rexedora engadiu que esta formación e a superación do exame da AESA son os pasos previos e imprescindíbeis para acceder a unha preparación máis avanzada e obter o permiso oficial de piloto profesional destes dispositivos.

PUBLICIDADE