Left 4 Dead 2 para Xbox 360 recibirá este venres un novo DLC

xoves, 2 de agosto do 2012 Marcus Fernández

O xogo Left 4 Dead 2 recibiu de balde e de xeito automático para PC e Mac unha actualización chamada Cold Stream que inclúe unha campaña desenvolvida pola comunidade (que leva precisamente por nome Cold Stream), 20 mapas e as campañas do primeiro Left 4 Dead que levan por nome Blood Harvest, Crash Course, Dead Air e Death Toll, e agora confírmase que mañá vai estar dispoñible no Bazar de Xbox LIVE este paquete descargable, de xeito que os usuarios de Xbox 360 poderán gozar destas 5 campañas adicionais, aínda que nesta plataforma deberán pagar 560 Microsft Points (6,72 euros).
Left 4 Dead 2 é xa todo un referente dentro dos xogos de zombis, conseguindo Valve facerse un oco dentro deste xénero grazas á aposta pola cooperación, xa que o éxito neste FPS consiste en formar equipos de catro persoas que poidan colaborar para sobrevivir ao ataque de numerosos infectados de distintos tipos, para os que se contará con diversas armas de foto e de combate corpo a corpo, de xeito que teremos que defendernos dende cunha escopeta ata cunha tixola.

O DLC Cold Stream incluirá 5 campañas para Left 4 Dead 2

PUBLICIDADE