Leica presenta unha cámara de 12,1 Mpíxeles, zoom de 12x e GPS

martes, 20 de abril do 2010 Marcus Fernández

Para o mes que vén chegará ás tendas a nova cámara dixital Leica V-LUX 20, que suma unhas prestacións moi avanzadas para ser unha cámara compacta, pois conta cun sensor de 12,1 Mpíxeles, un zoom óptico de 12x e etiquetado GPS das imaxes tomadas coa mesma, prestacións que xustifican o seu prezo recomendado de 499 euros.
Esta cámara con pantalla LCD de 3 polgadas estaría pensada para xente que guste de tomar fotografías durante as súas viaxes, excursión ou vacacións, pois o uso de GPS facilita a organización posterior das instantáneas tomadas. Tamén grava vídeo en alta definición (cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles a 60 fotogramas por segundo). As súas medidas son de 103 x 62 x 33 milímetros e pesa 218 gramos con batería.

PUBLICIDADE