Lenovo lanzará unha consola portátil con licenza oficial de SteamOS
martes, 7 de xaneiro do 2025
Aproveitando o éxito da Steam Deck dende Lenovo lanzaron o ano pasado a súa consola portátil Lenovo Go, baseada no sistema operativo Windows 11, e no marco do CES de Las Vegas anuncian ás máquinas que a sucederán, como a Lenovo Legion Go S con pantalla de 8 polgadas e sistema operativo Windows, aÃnda que a grande nova nesta ocasión é que estará tamén dispoñible con SteamOS, converténdose na primeira consola portátil con licenza oficial do sistema operativo co que funciona a Steam Deck de Valve, permitÃndolle asà gozar das bondades da tenda de Steam e das moreas de xogos optimizados para Steam Deck.
A Lenovo Legion Go S contará cunha pantalla táctil de 8 polgadas con resolución WUXGA e un refresco de 120 Hz, procesador AMD Ryzen Z2G ou Z1 Extrema, até 32 GB de RAM LPDDR5X, baterÃa de tres celas cunha capacidade de 55,5 Whr, conectividade Wi-Fi 6e, un par de conectores USB 4, lector de tarxetas microSD e un peso de 730 gramos.
Está previsto que a versión con Windows saia á venda este mesmo mes a un prezo de 729,99 dólares con 32 GB de RAM e 1 TB de almacenamento, mentres que pola versión con SteamOS haberá que agardar até maio, cando chegará ao mercado por 499,99 dólares con 16 GB de RAM e 512 GB de almacenamento.