Lenovo presenta novos produtos en BerlÃn
venres, 1 de setembro do 2023
A consola
portátil baseada en Windows 11 de Lenovo, filtrada
hai varias semanas, finalmente ve a luz na feira IFA de BerlÃn, marco
elixido por Lenovo para presentar outros produtos interesantes, como
ordenadores portátiles para xogadores e un impresionante monitor que ofrece
imaxes en 3D sen precisar de lentes.
A Lenovo
Legion Go funcionará cun procesador AMD Ryzen Z1 Extreme, até 16 GB de RAM
LPDDR5X, pantalla táctil de 8,8 polgadas e baterÃa de 49,2Wh que pode cargarse
até o 70% en media hora. Será asà unha boa alternativa á Steam Deck de Valve,
para usuarios que busquen maiores prestacións e coa maior flexibilidade que
achega unha máquina baseada en Windows. Chegará ás tendas en outubro.
Pero o produto máis curioso dos presentados por Lenovo en BerlÃn é o monitor
ThinkVision 27 3D, que consegue proxectar unha imaxe diferente para cada ollo
do usuario, conseguindo asà unha visión estereoscópica, o que resulta
especialmente atractivo para os profesionais que traballan con modelos 3D, pois
poden comprobar o seu volume en tempo real. Cando se emprega en 2D o monitor
compórtase como unha pantalla 4K ordinaria. AÃnda que se estea a amosar estes
dÃas en BerlÃn, non chegará ao mercado até febreiro de 2024.
VÃdeo de presentación da consola Lenovo Legion Go