Lenovo presenta o Chromebook Plus máis avanzado do mercado
luns, 23 de xuño do 2025
Lenovo vén de presentar o novo Chromebook Plus 14, o seu portátil con ChromeOS máis avanzado ata o momento, que destaca pola integración do procesador MediaTek Kompanio Ultra, o chip ARM máis potente incorporado nun Chromebook. Este novo modelo incorpora unha NPU de ata 50 TOPS, o que lle permite xestionar tarefas de intelixencia artificial con gran fluidez.
A isto súmase unha autonomÃa de ata 17 horas (a meirande nun Chromebook Plus) e compoñentes premium como pantalla OLED de 14 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.200 pÃxeles, lector de impresións dixital e son Dolby Atmos.
O Lenovo Chromebook Plus 14 tamén introduce novas funcións asistidas por IA no propio dispositivo, como agrupación intelixente de pestanas e documentos, que organiza o que tes aberto en función das túas tarefas, e a edición de imaxes desde a GalerÃa mediante IA, con opcións como eliminar fondos cun clic ou xerar adhesivos a partir de fotos.
IA para todos os Chromebook Plus
Coincidindo con este lanzamento, Google anunciou tamén a chegada de novas funcións de IA para toda a gama Chromebook Plus, integradas directamente en ChromeOS:
– Seleccionar para buscar con Lens: permite obter información sobre calquera elemento que vexas na pantalla, como modelos de roupa ou produtos.
– Captura de texto: transforma imaxes de recibos ou receitas manuscritas en texto editable e intégrase con Google Calendar ou Docs.
– Inserción Rápida: facilita a xeración de imaxes por IA, emojis ou fotos directamente nos teus documentos.
– Axúdame a ler con botón de simplificación de texto, para facer máis accesibles textos densos ou complexos.
Máis aplicacións optimizadas e beneficios extra
Os compradores dun Chromebook Plus tamén recibirán durante un ano o plan Google AI Pro, que inclúe 2 TB de almacenamento na nube, acceso a Gemini en Gmail e Docs, e tamén a NotebookLM, a ferramenta de investigación e redacción intelixente de Google.
Ademais, o ecosistema de aplicacións optimizadas medra con novas versións para Chromebook de sobremesa. É o caso do videoxogo El juego del calamar: FrenesÃ, con compatibilidade para rato e teclado, ou de Luminar, o editor fotográfico con IA que se poderá probar de balde durante tres meses co Chromebook Plus.
