Lenovo presenta un híbrido entre portátil e tablet
martes, 5 de xaneiro do 2010
- A pantalla pode separarse do equipo para funcionar de xeito independente
A chegada de moitos
ordenadores tipo tablet en 2010 non
colle a ninguén fóra de xogo, pero Lenovo preferiu realizar unha aposta máis
versátil, e o seu equipo Lenovo
IdeaPad U1 Hybrid que estaría composto por un tablet cun procesador Snapdragon a 1 GHz, 512 Mb de RAM e unha
unidade SSD de 16 Gb que funcionaría cunha distribución especial de Linux e que
podería conectarse a unha base que o utilizaría coma monitor e que contaría cun
procesador Intel Core 2 Duo, 4Gb de RAM e unha unidade SSD de 128 Gb, capaz de
correr con Windows 7.
Este dispositivo permitiría así combinar as prestacións dun ordenador portátil
cun tablet, pero desfacéndose da idea
tradicional dun Tablet PC no que era preciso xirar 180 graos a pantalla do
equipo para pasar a modo tablet, pero
no que había que cargar sempre co equipo completo, o que resulta bastante
incómodo, de aí que Lenovo optase por esta innovadora solución.
- O equipo pode funcionar coma un portátil ordinario