Lenovo presenta un novo Moto E con pantalla de 5 polgadas
xoves, 14 de xullo do 2016
Cando
Lenovo renovou o Moto G, levou a súa
pantalla até as 5,5 polgadas cunha resolución Full HD, colocándose asà na
liña de moitos fabricantes chineses que estaban a arrebatarlle moita cota de
mercado, e hoxe, de xeito inesperado, anunciaron a renovación do Moto E, que pasará
a responder polo nome de Moto E3, e que en vez dunha pantalla de 4,5
polgadas, lucirá unha pantalla de alta definición de 5 polgadas. Tamén contará
cun procesador de catro núcleos, 1 GB de RAM, 8 GB de almacenamento interno
(ampliable mediante tarxetas microSD), cámara de 8 MpÃxeles, carcasa resistente
a salpicaduras e baterÃa de 2.800 mAh, prestacións máis que aceptables para un
terminal que funcionará con Android 6.0.1 e terá un
prezo libre de 99 libras esterlinas (118,69 euros) cando chegue ao Reino
Unido no mes de setembro.
Polo momento descoñécese cando chegará este terminal a España e o seu prezo
oficial, pero parece que Lenovo volveu conseguir configurar un smartphone de entrada que consegue adaptarse
bastante ben ás demandas dunha grande masa de consumidores que non precisan dun
terminal de gama media e, sen prescindir das posibilidades dun smartphone,
queren gozar dun teléfono que non dea problemas e teña un desempeño aceptable,
o que a gama Motorola demostrou historicamente conseguir con sobrada solvencia.