Lenovo presenta un ordenador todo-en-un con son direccional
xoves, 9 de xaneiro do 2025
A tecnoloxÃa de audio direccional leva anos evolucionando, aplicándose principalmente para instalacións como museos, pois permite que narracións sonoras se reciban unicamente diante do elemento que se describe, facilitando experiencias individuais, e no CES de Las Vegas, unha das compañÃas que desenvolve esta tecnoloxÃa, Audfly, está a presentar a súa colaboración con Lenovo, facendo realidade o primeiro ordenador todo-en-un con tecnoloxÃa Focus Sound: o Lenovo ThinkCentre M90a Pro Gen 6.
Falamos dun ordenador de escritorio integrado nunha pantalla Quad HD de 27 polgadas, con procesador Intel Core Ultra, a posibilidade de configurarse cunha gráfica nVIDIA 4050 e, como grande novidade, coa tecnoloxÃa que chaman Lenovo Focus Sound, un sistema de son direccional baseado en IA que entrega son directamente á posición do usuario, de xeito que elimina a necesidade de empregar auriculares durante xuntanzas virtuais mantendo a comunicación en privado. A intelixencia artificial serve para que o sistema calibre continuamente os sensores e axuste o volume e a dirección da emisión sonora para garantir a intimidade, asà como tamén se aproveita para a cancelación de ruÃdo.
O equipo tamén conta cunha cámara que pode inclinarse, asà como conectividade Thunderbolt 4 para poder empregar múltiples monitores. Unha proposta claramente orientada a usuarios que realizan numerosas xuntanzas virtuais dende contornos compartidos, que deste xeito poden ter certa intimidade sen ter que illarse utilizando auriculares.
VÃdeo promocional do novo ordenador todo-en-un de Lenovo