Lenovo presenta un portátil con pantalla encartable
martes, 29 de setembro do 2020
O concepto de smartphone con pantalla encartable que levou á
práctica do Galaxy Fold de Samsung vén de trasladarse ao mundo dos ordenadores
portátiles por parte de Lenovo, fabricante que presenta o ThinkPad
X1 Fold, que xa pode
reservarse nos EE.UU. por un prezo que parte dos 2.499 dólares.
Dende Lenovo aseguran que o ThinkPad X1 Fold é froito de 5 anos de traballo, e
busca ser un equipo portátil que teña unha pantalla de bo tamaño durante o seu
uso, pero que poida encartarse para reducir o seu tamaño durante o transporte,
asà como para ofrecer novos usos, como pode ser empregar a pantalla lixeiramente
encartable a xeito de libro.
Este equipo complétase con accesorios como un teclado
Bluetooth opcional que pode gardarse dentro do equipo encartado, asà como o
Lenovo Mod Pen (lapis dixitalizador que facilita a toma de notas ou sinatura de
documentos) e o Lenovo Easel Stand (soporte que facilita a colocación da
pantalla en vertical ou horizontal no escritorio.
O Lenovo ThinkPad X1 Fold tamén conta opcionalmente con conectividade 5G, de
xeito que a súa posición como produto innovador non se limita só á
versatilidade da súa pantalla, senón tamén ao seu potencial para tirar proveito
da banda larga móbil.
A revolucionaria pantalla táctil deste equipo ten un papel OLED de 13,3
polgadas cunha resolución de 2.048 x 1.536 pÃxeles, estando pensada para o seu
uso como unha pantalla completa ou unha pantalla partida (facilitando a
multi-tarefa); ao encartarse pode reducir considerablemente o espazo no que
gardarse o equipo, o que xunto aos seus só 0,99 quilos de peso converten a este
portátil nun produto moi transportable; o seu procesador Intel Core i5-L16G7,
os seus 8 GB de RAM e o seu almacenamento SSD de 1 TB conseguen conformar un
equipo de grandes prestacións, que tamén pode presumir dunha autonomÃa dunhas
8,5 horas grazas á súa baterÃa de 50Whr que conta con tecnoloxÃa de carga
rápida.
Estamos ante un equipo realmente interesante que, pese a parecer un prototipo,
chegará ás tendas nas vindeiras semanas.
- No escritorio o ThinkPad X1 Fold pode empregarse como un portátil tradicional valéndose dun teclado sen fÃos
VÃdeo promocional do ThinkPad X1 Fold