Let’s Sing 2025 chegará en a consolas da actual xeración e da anterior

mércores, 10 de xullo do 2024 Marcus Fernández

O desenvolvedor francés de xogos musicais Voxler (pertencente ao conglomerado Plaion) confirma que a finais de ano regresa a súa franquía de xogos de karaoke con Let’s Sing 2025, xogo que contará con versións para Nintendo Switch, PS4, PS5, Xbox One e Xbox Series X|S.
Estamos ante a 13ª entrega desta franquía, que ofrece cada ano unha boa selección de cancións de éxito para que que interpreten os xogadores e poidan competir entre eles facendo da experiencia toda unha festa.
Aínda que polo momento non publicaron a listaxe inicial de temas musicais que incluirá o xogo, deixaron ver pantallas do mesmo nas que se interpretan as cancións La Bachata (MTZ Manuel Turizo), Mi Ex Tenía Razón (Karol G) e Yes And? (Ariana Grande), polo que temos unha pequena mostra do tipo de éxitos cos que o xogo contará na súa vindeira edición.

La Bachata é unha das cancións confirmadas para Let’s Sing 2025
Let’s Sing 2025 tamén incluirá temas como Mi Ex Tenía Razón de Karol G