Licitada a contratación de servizos das canles dixitais do SERGAS
martes, 29 de xullo do 2025
A Xunta publicou a licitación, por valor de 1.517.824 euros, da contratación de servizos de soporte, mantemento e evolución dos servizos de relación dixital coa cidadanÃa nas canles app (SERGAS Móbil), web e nos puntos de información dixitais que se atopan nos hospitais e centros de saúde.
Este contrato comprende os servizos de soporte técnico e xestión de incidencias, a xestión de proxectos e os servizos de mantemento correctivo e evolutivo sobre las aplicacións/servizos de relación dixital coa cidadanÃa.
A aplicación SERGAS Móbil permite, entre outras funcións, a xestión de citas, o acceso á tarxeta sanitaria virtual, a consulta de resultados de probas e a realización de videoconsultas. Actualmente, esta ferramenta conta con máis de 2 millóns de usuarios.
Este proxecto está financiado pola Unión Europea, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
O prazo máximo de execución do contrato e as súas prórrogas será de 51 meses. O prazo de garantÃa será de 15 meses desde a finalización do contrato.
As empresas interesadas teñen ata o 28 de agosto para presentar as súas ofertas.
