Lily, o rexurdimento da cámara-dron
luns, 4 de setembro do 2017
En 2015 unha campaña de micromecenado chamaba a atención por
propor o uso
dun pequeno dron como cámara voadora persoal, a Lily Camera, que finalmente
foi un fracaso, de xeito que os seus responsables
non foron quen de converter a súa idea nun produto comercial tras máis de 3
anos de traballo, e agora o proxecto resucita
como Lily Next-Gen, unha actualización do dron orixinal, que mellora a súa
cámara (que pasa de gravar vÃdeo Full HD e imaxes de 12 MpÃxeles a vÃdeo 4K e
fotografÃas de 13 MpÃxeles) e incorpora novas prestacións como dron, seguindo en boa medida as tendencias marcadas por DJI,
fabricante que xa ten un par de pequenos drons que claramente conquistaron o
espazo que pretendÃa ocupar a Lily Camera.
Pero esta nova proposta vaino ter difÃcil, pois non só parte dun prezo de 499
dólares (o mesmo que un produto realmente solvente
como o DJI Spark), senón que tal prezo serÃa só unha promoción de lanzamento (o
prezo oficial serÃa de 699 dólares), e amais o produto chega da
man doutro fabricante, Mota, quen mercou a marca Lily, pero non as patentes que
facÃan a Lily Camera especial (vendidas a outra empresa), polo que
realmente estariamos ante un novo dron que suplanta a identidade doutro
coñecido para conseguir destacar nun mercado dominado por un único fabricante.