LineageOS dá o salto a Android 15
martes, 31 de decembro do 2024
Nos primeiros anos de Android emerxeu unha corrente de desenvolvemento de versións alternativas dos sistemas operativos para os smartphones, facéndose moi célebre CyanogenMod entre os anos 2009 e 2016, pasar a remuda a LineageOS.
Este sistema operativo é unha versión de Android desenvolvida de xeito alternativo para poder dar servizo a moitos smartphones e tabletas cando xa non contan con soporte dos seus fabricantes e tamén para incorporar funcionalidades e aplicacións desenvolvidas de xeito independente.
A sorpresa para rematar o ano é que LineageOS adiantouse ao calendario previsto, e conseguiu dar o salto a Android 15 (lanzado en setembro), que pasará a estar dispoñible nos vindeiros dÃas. Deste xeito, mentres a meirande parte dos smartphones do mercado seguen sen gozar da última versión de Android, os que son compatibles con LineageOS poden comezar esta actualización de sistema operativo, que se aproveita tamén para introducir dúas novas aplicacións: o reprodutor musical Twelve e o visor de documentos PDF Camelot.
Actualmente LineageOS 22 conta cun máis dun cento de smartphones compatibles, como toda a familia Google Pixel (incluÃndo os modelos de 2016), o OnePlus 5, o Xiaomi Mi 5, o LG G7 ou o Redmi 7, polo que pode ser unha excelente opción para ter á última teléfonos que xa non contan con actualizacións de sistema, permitindo asà manter un dispositivo seguro e capaz de correr aplicacións recentes.