Linksys pon á venda as súas primeiras solucións Wi-Fi 6E
venres, 30 de abril do 2021
As
redes domésticas sen fÃos demandan cada vez mellores conexións, non só no que a
velocidades punta se refire, senón moi especialmente a nivel de cobertura e
estabilidade, para o que xogarán un rol importante as comunicacións a través de
W-Fi 6E, tecnoloxÃa da que Linksys
puxo estes dÃas á venda o router Hydra Pro 6E e tamén o sistema de Wi-Fi en
malla Atlas Max 6E, produtos que fan uso da banda dos 6 GHz, o que supón unha
importante mellor nun momento no que as bandas máis habituais están moi
saturadas.
O Linksys
Hydra Pro 6E é un potente router tribanda capaz de manexar até 55 dispositivos
a un tempo, que co uso da banda dos 6 GHz consegue velocidades de até 6,6 Gbps
e que conta con compatibilidade coas redes Wi-Fi en malla (o que pode ser de
axuda para combinar varios dispositivos e asà reducir as zonas de baixa
cobertura no fogar). Tamén integra un porto WAN de 5 Gbps, de xeito que estamos
ante un trebello máis que preparado para a Internet dos vindeiros anos. Este
router véndese nos EE.UU. a un prezo de 499,99 dólares.
Por outra banda, a solución de Wi-Fi en malla Linksys
Atlas Max 6E tamén usa as comunicacións na banda dos 6 GHz para mellorar
considerablemente as velocidades de conexión (promete até 8,4 Gbps), inclúe conector
WAN de até 5 Gbps e tamén conta cun porto USB 3.0 por se queremos compartir
algunha unidade de almacenamento en rede. Estamos ante unha das mellores solucións
deste tipo no mercado, e precisamente por iso o seu prezo nos EE.UU. é de
1.199,99 dólares no seu modelo con 3 unidades, polo que non serán moitos os
escenarios nos que vaia empregarse, pero permite ter un referente de até onde
poden chegar este tipo de solucións de comunicacións sen fÃos.