Linutop 3, un novo nettop baseado en Linux
martes, 30 de novembro do 2010
Os nettops son equipos
pouco populares, pero teñen o seu aquel para quen busque un equipo informático
cativo e económico para un uso lixeiro, e dentro deste tipo de ordenadores
chega agora o Linutop 3,
que en 23,5 x 23,6 x 5,5 centÃmetros e 1,8 quilogramos agocha un procesador
Intel Atom 1,6 GHz (fuxindo do procesador AMD do Linutop 2),
1 Gb de RAM (ampliable a 2 Gb), 2 Gb de almacenamento flash, Gigabit Ethernet,
saÃdas de vÃdeo VGA e DVI (soportando unha resolución máxima de 1.920 x 1.440
pÃxeles), 6 portos USB 2.0, 1 porto serie RS232, unha fenda PCIe libre no seu
interior, 2 portos SATA e un consumo de só 20 vatios. O seu prezo
de venda é de 340 euros co sistema operativo Linutop 4.0 preinstalado (incluÃndo
aplicacións coma Firefox 3.6, OpenOffice 2.3 e VLC 1.1).
- O equipo conta cunha conectividade bastante boa para o seu reducido tamaño