Lip-Bu Tan reacciona ás peticións de dimisión
venres, 8 de agosto do 2025
O conselleiro delegado de Intel, Lip-Bu Tan, saÃu ao paso das acusacións do presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, quen pediu a súa dimisión asegurando que estaba «altamente condicionado» por conflitos de interese. Nunha carta dirixida ao persoal da compañÃa e publicada na noite do xoves, Tan denunciou a existencia de «moita desinformación» sobre a súa traxectoria e asegurou que Intel está en contacto coa Administración Trump «para abordar as cuestións expostas e garantir que dispoñen dos feitos».
«Quero deixar absolutamente claro que, ao longo de máis de 40 anos no sector, construÃn relacións en todo o mundo e en todo o noso diverso ecosistema, e sempre actuei dentro dos máis altos estándares legais e éticos», escribiu o executivo.
Desde que chegou ao cargo, Tan puxo en marcha un duro plan de recorte de custos e advertiu o mes pasado que Intel poderÃa verse obrigada a abandonar o desenvolvemento da súa próxima xeración de tecnoloxÃa de fabricación se non consegue un cliente importante. Na súa carta, subliñou que o consello de administración apoia plenamente «o traballo que estamos a realizar para transformar a compañÃa» e que comparte «o compromiso do presidente para avanzar na seguridade nacional e económica dos Estados Unidos».
«Levo máis de 40 anos vivindo neste paÃs, que considero o meu fogar. Quéroo e sÃntome fondamente agradecido polas oportunidades que me deu. Tamén amo esta compañÃa», concluÃu.
