LittleBigPlanet 2 estrea demo

mércores, 22 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Media Molecule confirmou que o xogo LittleBigPlanet 2 xa está rematado, de xeito que o vindeiro 19 de xaneiro estará dispoñible nas nosas tendas, e do que xa está dispoñible unha versión de demostración para a súa descarga a través da PlayStation Network, a que permite experimentar co modo historia do xogo, aínda que iso só sexa unha pequena parte deste título que ten o seu forte na creación non só de niveis personalizados, senón incluso de xogos enteiros, abrindo unha porta á creatividade que logo poderá compartirse en liña con outros usuarios do xogo.
Nas vindeiras semanas iremos vendo críticas do xogo en medios especializados, acadando xa un 10 sobre 10 na revista oficial de PlayStation no Reino Unido, onde describen esta nova entrega do Sackboy e os seus amigos coma «un título imprescindible, desbordante de potencial creativo e imaxinación» que parece máis que recomendable para todos os que gozaron coa súa primeira entrega.


Trailer de LittleBigPlanet 2

PUBLICIDADE