LittleBigPlanet é o xogo do ano para a revista EDGE
martes, 16 de decembro do 2008
A prestixiosa revista de
videoxogos británica (tamén editada en España) EDGE anunciou o que segundo os
seus redactores son os
mellores xogos do ano, destacando especialmente o LittleBigPlanet, que dominou a metade de
categorÃas. Asà o xogo exclusivo para PlayStation 3 farÃase cos galardóns de
Xogo do Ano, Mellor Innovación, Mellor Deseño Visual e Mellor Desenvolvedor
(Media Molecule), mentres que o Mellor Deseño Sonoro foi para Dead Space, a Mellor Experiencia En Liña
recaeu en Left 4 Dead (ambos, tÃtulos
que poderiamos catalogar coma de terror),
o Mellor Hardware serÃa a Xbox 360 e a Mellor Distribuidora tamén serÃa
Microsoft (por comercializar Fable II,
Gears of War 2, Ninja Gaiden II, Lost
Odyssey e Lips). En definitiva,
que procuraron contentar a Sony e Microsoft, aÃnda que deixando de lado
completamente a Nintendo.
Pero estes galardóns contrastan coa listaxe dos mellores xogos da tempada para o
Daily Telegrah, que relega o LittleBigPlanet a un terceiro posto,
superado por Fable II e Fallout 3, e seguido por
apostas tan seguras coma Rock Band 2
ou Gears of War 2. Tamén choca que
releguen o Grand Theft Auto IV a un
sétimo posto, pois moitos son os que consideran que é o xogo do ano (o que
comercialmente é indiscutible).