LittleBigPlanet estrea contido descargable de Piratas del Caribe

mércores, 23 de decembro do 2009 Marcus Fernández

O xogo LittleBigPlanet de Media Molecule estrea esta semana contido descargable, que xeito que os afeccionados a este título para as consolas de Sony poderán fusionalo con outro grande éxito, a saga de películas de Piratas do Caribe, adquirindo 5 novos niveis temáticos, 4 cancións novas, 8 materiais, 14 adornos, 133 adhesivos, 27 obxectos, 6 trofeos, varios traxes e incluso a incorporación da auga coma un obxecto global. O paquete de contidos de Piratas del Caribe pode mercarse por 5,99 euros, mentres que tamén será posible adquirir 6 traxes a 1,99 euros cada un.
Agora, o noso querido Sackboy poderá disfrazarse de Jack Sparrow, Davy Jones ou Barbossa, entre outros, engadindo máis posibilidades e diversión a un xogo bastante orixinal que pretendía converterse no estandarte da PlayStation 3.


Vídeo de presentación do novo contido descargable para LittleBigPlanet

PUBLICIDADE