LittleBigPlanet vístese de superheroes de Marvel nunha nova edición para PS Vita

xoves, 11 de setembro do 2014 Marcus Fernández

O aclamado xogo de PS Vita LittleBigPlanet vai estrear o vindeiro 19 de novembro por só 19,99 euros unha edición especial que inclúe numeroso contido adicional de Marvel, como tres emocionantes minixogos (Sen Saída, Interceptor SHIELD e Hero Rush) protagonizados por algúns dos superheroes de Marvel máis populares e un armario cheo de novos traxes para vestir a Sackboy (ou a Sackgirl).
Como vén a ser habitual nesta saga, poderemos gozar do xogo orixinal no que explorar o planeta itinerante Carnivalia desvelando o seu misterio e recuperando a súa vella gloria; aínda que non son poucos os que prefiren deixar esta historia de lado para deixarse levar pola ferramenta que permite que creemos os nosos propios niveis e xogos para compartilos co resto do mundo (á vez que podemos gozar dos niveis creados por outros usuarios).
A incorporación de personaxes de Marvel a este xogo supón un interesante complemente para darlle unha oportunidade a un dos xogos máis icónicos da familia PlayStation.

A nova edición de LittleBigPlanet integra personaxes de Marvel

PUBLICIDADE