Lively pechará a finais de decembro
xoves, 20 de novembro do 2008
A primeiros de
xullo Google
presentaba Lively coma o seu propio Second Life, o que poderÃa ser unha grande ameaza para moitos dos
mundos virtuais que hai na Internet, pero en vista de que o proxecto non acadou
a sonoridade agardada decidiron pechar
o proxecto para finais de ano no que consideran que «foi unha dura decisión, pero queremos
asegurarnos de priorizar os nosos recursos e enforcarnos mellor nos nosos
negocios de busca, publicidade e aplicacións».
Os traballadores que desenvolveron esta plataforma tridimensional de encontros
virtuais pasarán a integrarse noutros equipos.