Livescribe lanza un bolÃgrafo dixitalizador con Wi-Fi
luns, 29 de outubro do 2012
Os bolÃgrafos dixitalizadores de Livescribe evolucionan
incorporando conectividade sen fÃos, e asà temos
Sky, un smartpen que permite
escribir a man, debuxar, gravar audio e crear pencasts como era habitual en dispositivos anteriores, pero
permitindo agora unha sincronización automática coa nosa conta persoal de
Evernote, o que facilitan enormemente a organización das nosas anotacións,
facilitando de paso o seu acceso dende ordenadores, móbiles ou tablets.
O Sky Wifi Smartpen
resulta de grande utilidade para tomar apuntes en clase, gravando o que se
escribe e escoita, facilitando un repaso do anotado (e unha posible corrección
posterior). O dispositivo inclúe o acceso á edición de balde de Evernote con
500 Mbytes adicionais mensuais para a carga de notas e son do smartpen.
O
trebello está á venda por 169, 199,95 e 249,95 dólares para as súas versións
con 2, 4 e 8 Gb de almacenamento interno respectivamente, aÃnda que o feito
de que estea orientado á nube fai que a súa capacidade interna non sexa de
grande importancia (especialmente se temos en conta que unah hora de anotacións
de texto poden ocupar só uns 10 Mbytes).
VÃdeo de presentación do novo smartpen