Living Hell o remake de balde de Splatterhouse

mércores, 5 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Splatterhouse era o nome dun violento beat’em up que saíu en 1988 para máquinas recreativas (adaptándose logo a outras plataformas) e agora dende o estudo español Nerlaska Studio réndenlle homenaxe dunha especie de remake titulado Living Hell, que sitúa ao xogador nun mundo atacado por demos e deformes criaturas ás que haberá que derrotar facendo uso de toda clase de armas (bates, martelos, escopetas recortadas, machetes, pas, hachas ou coitelos de carniceiro).
O título dista de ser un xogo comercial, pero a súa falta de calidade vese compensada polo seu prezo, xa que estamos ante un título de balde, desenvolvido durante o tempo libre dos seus autores.
Os xogadores que gusten de Living Hell poden amosar a súa satisfacción facéndose seareiros da páxina de Facebook dedicado a este remake.


Vídeo no que podemos ver cómo é este violento xogo para PC

PUBLICIDADE