Lixeira caída nas vendas de Microsoft durante o último ano fiscal

venres, 24 de xullo do 2009

A conxuntura económica internacional afecta incluso aos máis grandes, e Microsoft a está a notar na súa conta de resultados, que reflicte a súa primeira caída de vendas anual da súa historia (nun 3,2%). Atendendo aos resultados do cuarto trimestre fiscal (rematado o pasado 30 de xuño) Microsoft acadaría uns ingresos de 13.100 millóns de dólares (un 17% menos que no mesmo trimestre do ano anterior).
De todos os xeitos, as contas de Microsoft poderían mellorar considerablemente grazas ao lanzamento do Windows 7 no outono.

PUBLICIDADE