Logitech desenvolve un rato que funciona no aire

xoves, 12 de xullo do 2007 Marcus Fernández

A innovación no ratos informáticos limitouse nos últimos anos a pasar da tradicional bola a un lector mediante LED ou láser, ou coa incorporación da roda de desprazamento e algún botón adicional, pero agora Logitech quere incorporar ó mercado unha nova tecnoloxía que podería supor unha nova revolución, posto que o seu MX Air Mouse funciona non só sobre a mesa, senón que tamén se pode soster no aire detectando tamén os movementos do rato (o que podería lembrar ó popular Wiimando) de xeito que semellaría máis un mando a distancia que un rato, o que podería ser unha solución moi axeitada para Media Centers (para o que incluso inclúe botóns específicos coma o de reprodución e pausa).
O rato funciona mediante radiofrecuencia a 2,4 GHz a unha distancia de ata uns 9 metros do receptor conectado ó PC. Chegará ás tendas europeas en agosto, aínda que o seu prezo será un tanto elevado (150 euros).

PUBLICIDADE