Logitech estrea teclado-tapa para o iPad mini
martes, 5 de febreiro do 2013
Para os usuarios que queiran facer un uso produtivo do seu
iPad mini poden optar por facerse co Logitech
Ultrathin Keyboard mini, dispositivo que fai de teclado recargable e tapa
coma o seu
predecesor para iPad, que pode sorprender por conseguir manter o tamaño e a
disposición dun teclado tradicional nun tamaño moi compacto, de xeito que os
usuarios afanse ao seu uso ao momento, á vez que poden tirar proveito de atallos
de teclado para funcións como copiar e pegar.
Este teclado-tapa conéctase ao iPad mini mediante potentes imáns, que como a
Smart Cover serve para apagar e acender a pantalla do tablet automaticamente,
comunÃcase por Bluetooth, ten unha baterÃa que pode durar ata 3 meses cun uso
moderado, o seu grosor é de só 7,3 milÃmetros e pesa 220 gramos. O seu prezo de
venda é de 79,99 euros e xa é posible encargalo tanto en branco ou negro.
VÃdeo de presentación do Logitech Ultrathin Keyboard mini
- O teclado-tapa tamén está dispoñible en cor negra