Logitech estrea unha liña de accesorios para xogadores de PC
venres, 2 de setembro do 2016
O fabricante de accesorios informáticos Logitech volve a
atender as demandas dos xogadores de PC e estrea
unha nova liña de produtos chamada G Prodigy, que busca atender a demanda
de periféricos de calidade por parte dos gamers
axustando o prezo o máximo posible para facelos relativamente accesibles.
Falamos de ratos, teclados e auriculares que conforman unha nova familia de produtos de Logitech,
e que xa están dispoñibles na propia páxina web da compañÃa. O produto máis
económico da nova serie serÃan os auriculares
Logitech G231, que por 61,99 euros ofrecerÃan unha magnÃfica calidade
sonora, unha almofadas confortables, un deseño lixeiro e un micrófono
unidireccional encartable, integrando tamén controis no seu cable, sorprendendo
tamén cun deseño que permite que as pezas auriculares poidan xirar e quedar
planas (o que reduce a posibilidade de rotura).
A este coidado produto seguirÃalle o rato
G403, que ofrece unha grande precisión, un magnÃfico rendemento e un uso
confortable, asà como numerosas opcións de configuración, que grazas ao ser un
modelo con cable consegue ter un prezo de 71,99 euros, mentres que a
súa versión sen fÃos custa 125 euros, respondendo a diferenza de prezo ás
dificultades de fabrican un dispositivo sen cable que teña un tempo de resposta
de só 1 milisegundo.
Completa a gama o teclado
G213, que cun prezo de 81,99 euros ofrece unha grande velocidade nas súas
teclas, iluminación a toda cor das súas teclas (con 5 zonas de iluminación
individuais), resistencia a lÃquidos, reposamáns e patas axustables e controis
multimedia especÃficos.
AÃnda que para un profano na materia poida parecer que estamos ante unha gama
de produtos de elevado prezo, na práctica estamos ante accesorios de
informática con prezos bastante axustados, xa que trátase de dispositivos
pensados para un uso moi eficiente e intenso, feitos para responder ben e durar
moito, algo que só poden apreciar perfÃs de usuario moi concretos (como os PC gamers).