Logitech facilita o uso do ordenador no salón cun novo teclado sen fíos

mércores, 10 de xuño do 2015 Marcus Fernández

Para unha experiencia de uso confortable do ordenador no salón Logitech leva tempo comercializando teclados sen fíos que integran un panel táctil nun lateral, que melloran versión tras versión, e así chega o Logitech Wireless Touch Keyboard K400 Plus, que é capaz de comunicarse cun ordenador até a 10 metros de distancia, facilitando así que poidamos controlar a distancia e sen cables a reprodución multimedia e outros elementos de lecer que queiramos levar ao televisor do salón.
Este novo teclado tamén incorpora accesos rápidos aos controis de volume e aos menús de navegación, facendo máis rápido o acceso ás nosas series e películas favoritas; aínda que como vantaxes fronte a outros teclados semellantes destaca máis o seu fino deseño (que facilita o seu almacenamento), as súas esquinas redondeadas (que o fan máis cómodo) e a súa elevada autonomía (cos pilas incluídas pode aguantar até 18 meses).
O teclado mide 354,3 x 139,9 x 23,5 milímetros, pesa 380 gramos, comunícase cun receptor Logitech Unifying (podendo conectarse tamén por USB) e, aparte de ser compatible con Windows a partires da súa versión 7, tamén pode empregarse baixo Chrome OS e Android 5.0 ou posterior. O seu prezo de venda é de 44,99 euros.


Vídeo promocional do Logitech Wireless Touch Keyboard K400 Plus

PUBLICIDADE