Logitech fai máis cómodo o uso do portátil sobre as pernas
martes, 9 de decembro do 2008O uso de
ordenadores portátiles no colo é algo que cada vez é máis incómodo e perigoso
dado a tendencia que teñen os equipos informáticos a quentarse, e para facer
posible unha confortable utilización dos portátiles sobre as nosas pernas cando
estamos sentados no sofá dende Logitech comercializarán dende
xaneiro por 39,99 euros o Logitech
Comfort Lapdesk, unha base que serve para portátiles de ata 17 polgadas que
se pode gardar en vertical xunto ao sofá, e que non só serve para illar o
portátil das nosas pernas, senón que tamén o inclina uns 12
graos para facer máis doada o manexo do seu teclado.
Este soporte para portátiles conta con 4 capas térmicas que fan que a calor
emitida polo equipo informático non nos moleste, e o seu tacto sobre a pel
resulta agradable e aÃnda que o seu prezo sexa elevado está na liña de produtos semellantes coma
os que comercializa actualmente Belkin.
- O Logitech Comfort Lapdesk facilita o uso do portátil no sofá