Logitech lanza un dos ratos máis ergonómicos do mercado
luns, 20 de agosto do 2018
A ergonomÃa dos dispositivos de entrada para os sistemas
informáticos é unha preocupación histórica á que os fabricantes responden dos
xeitos máis diversos, con distintos accesorios adoptando formas realmente
curiosas para minimizar o esforzo fÃsico que hai que realizar no seu manexo
intensivo, e aÃnda que os teclados ergonómicos gocen de grande riqueza, no caso
dos ratos son poucos os trebellos que vaian máis aló de ter unha altura
pronunciada para que a man poida repousar comodamente sobre el.
Pero Logitech soubo innovar mesturando un rato cun forma máis propia dun
trackball de escritorio co novo
Logitech MX Vertical, un rato que busca conseguir un agarre natural ao
inclinarse verticalmente 57 graos, o que aseguran que reduce o esforzo do
antebrazo, a presión no pulso e a actividade muscular até un 10% comparado dun
rato estándar. Aparte da súa orixinal forma, este rato tamén ten unha textura
que facilita o seu agarre.
Para contribuÃr á reducir a fatiga, este rato ten un sensor de alta precisión
cunha resolución de 4.000 puntos por polgada, o que permitirÃa reducir até catro
veces os movementos da man. O Logitech MX Vertical tamén conta cun conmutador
para poder axustar a precisión e velocidade do cursor.
No que a autonomÃa se refire, non semella que vaia ter problemas, xa que pode operar
até 4 meses cunha carga completa, ou até 3 horas con só 1 minuto de carga. A
súa conexión ao equipo informático pode realizarse po USB-C, por Bluetooth ou
tamén cun receptor Logitech Unifying.
Este novo rato está xa á venda por 109 euros.
VÃdeo promocional do Logitech MX Vertical