Logitech lanza un novo teclado Bluetooth que serve de funda para o iPad

mércores, 18 de abril do 2012 Marcus Fernández

O Logitech Ultrathin Keyboard Cover é un coidado teclado sen fíos para o novo iPad (e o iPad 2) que porase á venda nos vindeiros días por 99,99 euros e que busca cubrir unha dobre función: permitir escribir correos electrónicos, mensaxes instantáneas ou textos de certa lonxitude dun xeito áxil e cómodo e tamén protexer a pantalla do tablet durante o seu transporte facendo de cuberta da mesma.
O novo teclado para iPad de Logitech comunícase co tablet de Apple mediante Bluetooth, conta con atallos que facilitarán o uso de funcións como copiar, pegar e desfacer, cárgase por USB podendo durar a súa batería ata 6 meses (de usa un par de horas ao día) e incluso funciona como base para o iPad empregando un clip magnético semellante ao empregado polas fundas Smart Cover, o que tamén permítelle facer uso da función de acendido/apagado automático do iPad con só abrir esta tapa de Logitech.

PUBLICIDADE