Logitech presenta un novo rato para xogadores
venres, 19 de agosto do 2011
Pensando nos xogadores
de PC chega o rato Logitech
Gaming Mouse G300, que cunha forma compacta (mide só 112 x 73 x 35
milÃmetros), multitudes opcións de configuración, unha resolución óptica de
2.500 puntos por polgada e un
deseño ambidextro chegará ás tendas europeas o mes que vén por 39,99 euros.
Este novo rato conta con 9 controis programables (evitando o uso do teclado
para certos atallos), varios perfÃs configurables que se representan mediante
unha luz no rato que muda de cor (para saber en cada momento o perfil que
estamos a usar), unha velocidade de resposta de só 1 milisegundo e unha
construción resistente, sendo capaz de aturar os seus botóns ata 10 millóns de
pulsacións.
- A luz do rato muda de cor segundo o perfil de usuario que estea activo