Logitech presenta un receptor USB para múltiples dispositivos sen fÃos
martes, 4 de agosto do 2009
A proliferación de dispositivos sen fÃos para o ordenador levou a Logitech
a desenvolver un receptor
USB unificado, de xeito que a
través dun único receptor pode comunicarse o noso equipo con ata 6 dispositivos
sen fÃos coma teclados ou ratos, sempre que sexan compatibles con esta
tecnoloxÃa do fabricante suÃzo.
O novo receptor USB ten un tamaño o bastante reducido como para pasar case
desapercibido nun ordenador portátil en un principio agardan que sexa
compatible con distintos ratos e teclados que Logitech vai lanzar en agosto e
setembro, polo que estariamos a falar dunha tecnoloxÃa que xa é unha realidade.
|