Logitech presenta un teclado sen fÃos retroiluminado e con touchpad
mércores, 9 de abril do 2014
Pensando no seu uso con ordenadores conectados ao televisor
do salón Logitech
presenta o seu novo teclado retroiluminado, que ao gozar de iluminación nas
súas teclas permite que poida empregarse incluso con baixa iluminación
(condicións nas que é moi habitual consumir contidos multimedia.
O Logitech
Illuminated Living-Room Keyboard K830 non só é un teclado sen fÃos para
manexar o ordenador a distancia, senón que tamén integra un touchpad para un
control máis completo (cunhas xenerosas dimensións de 80 x 52 milÃmetros); pode
funcionar ata a 10 metros de distancia do seu receptor USB (Logitech Unifying)
e a súa baterÃa recargable permite empregalo ata 10 dÃas cunha única carga.
Inclúe accesos directos a funcións multimedia e o seu software permite
personalizar o funcionamento tanto do teclado como do touchpad.
Mide 367 x 125,3 x 16,5 milÃmetros, pesa 495 gramos, e a súa principal eiva non
é outra que o seu prezo de 105 euros (aÃnda que dende Logitech
apuntan que o seu prezo recomendado é de 99,99 euros).
- O teclado pode empregarse con pouca luz grazas a que conta con teclas retroiluminadas
VÃdeo de presentación do novo produto de Logitech