Logitech presenta unha cámara web articulada

luns, 11 de setembro do 2023 Marcus Fernández

Para os creadores de contido que queiran amosar nos seus directos, nas súas charlas ou nas súas presentacións algún contido non dixital de xeito cómodo están a preparar a Logitech Reach, unha solución que aposta por unha cámara web articulada e versátil, que basicamente consiste nunha cámara Logitech Streamcam Full HD conectada a un brazo con soporte.
A Logitech Reach permite o movemento lateral da cámara con un simple xesto; pode mover a imaxe verticalmente grazas a un zoom até 4.3x sen perdas con enfoque automático; a cámara tamén pode inclinarse para achegar o punto de vista que desexemos; e todo funcionando directamente a través dunha conexión USB que simplemente funciona con practicamente calquera solución de videoconferencia e transmisión de vídeo.
Esta solución que pode resultar moi axeitada para creadores de contido, xogadores, docentes e profesionais chegará en breve ao mercado, prevéndose que teña un prezo de entre 300 e 400 dólares (cómpre indicar que a Streamcam solta xa custa 180 dólares).

Vídeo no que presentan as posibilidades da Logitech Reach

PUBLICIDADE