Lorenzana destaca o éxito das axudas para incorporar a IA ás empresas
martes, 21 de outubro do 2025
A conselleira de EconomÃa e Industria, MarÃa Jesús Lorenzana, avanzou hoxe que a innovación continuará a ser unha peza clave nos Orzamentos da Xunta do vindeiro ano, que incluirán unha nova edición do programa IA360, a primeira convocatoria de axudas en Galicia para incorporar a intelixencia artificial nas empresas, que resultou todo un éxito.
Lorenzana participou na inauguración do I Gran Foro de Innovación e Emprendemento, onde lembrou que a principal liña deste programa de axudas (para a creación de novos produtos ou servizos a través da IA) pechou o pasado mes de abril cun récord de solicitudes, un total de 117, o que obrigou a duplicar o seu orzamento inicial de cinco millóns e medio a case once millóns de euros.
En total, explicou, resultaron beneficiados 82 proxectos empresariais cunha axuda media de 131 000 euros e unha mobilización de máis de vinte e un millóns e setecentos mil euros de investimento total. O sector TIC concentra o 43 % das propostas, seguido do alimentario, a enxeñarÃa, a biotecnoloxÃa, a saúde, a enerxÃa e a loxÃstica. As outras dúas liñas deste paquete de axudas (dirixidas á implantación de solucións comerciais de IA e proxectos de xestión de datos, asà como a accións formativas) manteñen aberto o prazo de solicitude ata o 31 de outubro.
A conselleira salientou que Galicia conta cun sistema de innovación e emprendemento cada vez máis dinámico e consolidouse como o sexto polo de innovación e emprendemento de España, só por detrás de Madrid, Cataluña, Comunidade Valenciana, PaÃs Vasco e AndalucÃa. Conta con 388 empresas tecnolóxicas e innovadoras, un 26 % máis que o ano anterior, das cales 229 son startups, o que supón un incremento do 44 % respecto de 2024. Estas compañÃas xeran preto de 2.900 empregos cualificados e superan os 290 millóns de euros de facturación anual.
Neste contexto, Lorenzana incidiu en que «empresa e Administración non son dous equipos diferentes, senón un só». E, baixo esa premisa, destacou o labor que desenvolve a Oficina Económica de Galicia, con case 30 000 consultas en ano e medio de funcionamento, «para poñerlle as cousas fáciles ás empresas».
«Os proxectos empresariais que crecen, nacen ou se instalan en Galicia son outro plebiscito en favor da economÃa galega e un recoñecemento á nosa estabilidade polÃtica, social e institucional», subliñou, para engadir: «É certo que en Galicia aÃnda existen sectores minoritarios que, diante de calquera iniciativa industrial, reaccionan en contra. AÃnda que fagan ruÃdo no presente, pertencen ao pasado e teñen pouco sitio no futuro».
