Lorenzana pon en valor o papel das startups

luns, 8 de setembro do 2025 Redacción

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, salientou o pasado domingo o papel das startups como un modelo viable, innovador e con futuro para Galicia, ao tempo que reafirmou o compromiso da Xunta de reforzar o seu apoio desde todos os ámbitos institucionais.
Durante a súa visita ás instalacións da empresa Vig-Sec Drone en Nigrán, unha startup dedicada aos servizos operativos con drons, á formación de pilotos con capacidades especiais e ao desenvolvemento de software para a xestión de operacións vinculadas á seguridade e ás emerxencias, Lorenzana subliñou que o Goberno galego está a colaborar estreitamente co sector privado para impulsar proxectos capaces de transformar a industria galega.