Lorenzana reúnese con DIHGIGAL para valorar os avances na dixitalización empesarial galega
xoves, 14 de setembro do 2023
Co
gallo de avaliar os avances que se están a realizar na
dixitalización das actividades produtivas das empresas galegas, a
conselleira de Economía, Industria e Innovación, María
Jesús Lorenzana, mantiña un encontro co equipo directivo de
DIHGIGAL, o hub de innovación dixital para a industria de
Galicia.
DIHGIGAL
(Digital Innovation Hub Industrial de Galicia) achega os seus
servizos de asesoramento e formación cara ás cadeas de valor de
sectores como a automoción (CEAGA), o naval (ACLUNAGA), o
agroalimentario (CLUSAGA), o das Tecnoloxías da Información e das
Comunicacións (TIC), o forestal ou o téxtil agrupando a preto de
550 socios. Dende este centro de innovación explicaron a súa
situación e os seus proxectos futuros á conselleira, quen ratificou
o apoio do Goberno galego para que este tipo de infraestruturas se
fortalezan e poidan seguir impulsando a transformación dixital das
pequenas e medianas empresas galegas.