Los Sims 3 estrean trailer

xoves, 24 de xullo do 2008 Marcus Fernández

A nova entrega dos Sims mellora substancialmente o seu nivel gráficoOs xogos de Los Sims son sen dúbida a saga que máis vende para PC na actualidade (conseguindo ocupar 4 dos 10 primeiros postos nas vendas do mes de xuño en España) e os seguidores desta franquicia de Electronic Arts estarán contentos de saber que en 2009 chegará Los Sims 3, xogo que promete mellorar de xeito máis que notable os seus gráficos (conservando a súa simplicidade e diversión), permitirá movernos con liberdade por toda unha grande cidade e engadirá unha alta personalización do noso habitante.
Polo momento só tiñamos capturas de pantalla do xogo, pero finalmente xa se publicou un trailer co que podemos facernos unha mellor idea do que será un dos xogos de máis éxito do ano que vén:

PUBLICIDADE