Los Sims 3 sairá en febreiro de 2009
xoves, 21 de agosto do 2008
Los Sims, a saga de
videoxogos lÃder para PC (que na actualidade aÃnda encabeza as vendas desta
plataforma grazas ás súas múltiples ampliacións) renovarase o 20 de febreiro
coa súa nova entrega que se estreará a nivel mundial. A partir de tal data se
poderá mercar Los
Sims 3 tanto en tendas coma en servizos de descargas.
O novo xogo incluirá unha veciñanza aberta, aparencia gráfica renovada,
caracterÃsticas avanzadas de creación dos nosos propios Sims, e moitos outros
detalles que encantarán aos máis fieis seguidores da franquicia, que incluso poderán adquirir unha edición
de coleccionista que inclúe un coche deportivo para os nosos Sims,
unha unidade USB, un libro de pistas e uns adhesivos.