Los Sims 3 saltará ás consolas no outono

martes, 27 de abril do 2010 Marcus Fernández

Que a franquía de Los Sims sexa líder en vendas para PC non significa que non poida trasladarse a outras plataformas, de aí que Electronic Arts anuncie que Los Sims 3 ten en desenvolvemento versións para Xbox 360, PlayStation 3, Nintendo DS e Wii, con características propias de cada consola.
As versións para PlayStation 3 e Xbox 360 permitirán que os xogadores compartan os seus logros cos seus amigos a través de Facebook, aínda que para facer uso de tal prestación será preciso ter adquirido unha copia orixinal do xogo (pois precisa dun número de serie dun único uso de xeito que as copias de segunda man e aluguer terán limitado o seu potencial).
En Wii e Nintendo DS o xogo tamén terá prestacións de seu, que diferenciarán claramente cada entrega de Los Sims 3, de xeito que non serán unicamente conversións do xogo para PC e Mac.

PUBLICIDADE