Los Sims 3 superan os 1,4 millóns de copias vendidas

mércores, 10 de xuño do 2009 Marcus Fernández

A semana pasada chegou ás tendas o xogo Los Sims 3 e como era de prever, este título de EA e Maxis para PC e Mac está a ter unha acollida moi boa, superando xa os 1,4 millóns de unidades vendidas, converténdose no mellor lanzamento para PC na historia de EA.
Pero esta non é a única versión do xogo que está a rachar con todo, senón que a entrega dos Sims para o iPhone tamén está a liderar as vendas da App Store, onde está á venda por 7,99 euros, polo que é de agardar que estea a xerar uns beneficios impresionantes para a súa compañía.
Tamén hai que ter en conta que a franquía dos Sims está orientada ao lanzamento de ampliacións para satisfacer aos seus fieis seguidores, contando a anterior entrega con 8 expansións e 10 packs de contido, de xeito que o bo funcionamento inicial do novo xogo dá a entender que terá un futuro impresionante.

PUBLICIDADE