Lowi estrea servizo de televisión

luns, 18 de agosto do 2025 Redacción

Lowi, a operadora de baixo custo de Vodafone, anuncia o lanzamento de Lowi TV, a súa nova plataforma de televisión con máis dun cento de canles, entre eles AXN, Star Channel ou Warner TV, e pode contratarse por 5 euros ao mes en combinación con calquera plan de fibra e móbil da compañía. Para os afeccionados ao deporte, tamén estará dispoñible un Pack Deportes por 3 euros ao mes adicionais, que inclúe toda a Liga Hypermotion cos partidos da segunda división de fútbol e as principais competicións de tenis, ciclismo e motor a través de Eurosport 1 e 2.
Lowi TV permite gravar calquera contido, pausalo, rebobinalo ou acceder a emisións dos últimos sete días, mesmo sen velas en directo. Inclúe un decodificador 4K con Android TV e funciona en varios dispositivos: Smart TV, tableta ou móbil, con posibilidade de rexistrar ata cinco e reproducir de forma simultánea en dous. Engade, ademais, control paterno e busca por voz para atopar contido ou abrir plataformas de streaming.
Como oferta de lanzamento, Lowi propón un paquete converxente con fibra de 300 Mbps, dúas liñas móbiles de 30 GB, Lowi TV e Pack Deportes por 38 euros ao mes, prezo final. A maiores, os clientes poden engadir servizos de streaming como Netflix, Disney+ ou Prime con condicións exclusivas.