Lowi estrea unha tarifa de fibra de 600 Mbps e 2 móbiles por 39,99 euros/mes

luns, 18 de decembro do 2023 Marcus Fernández

A competencia nas ofertas de conexións converxentes de fibra e móbil continúa a súa escalada, e agora move ficha Lowi, o operador de baixo custo de Vodafone, que lanza unha oferta de fibra a 600 Mbps e 2 liñas móbiles con chamadas ilimitadas e 30 GB de datos cada unha por 39,99 euros/mes, sendo este prezo definitivo.
Adicionalmente os novos clientes poderán facerse cun bono de datos de 50 GB sen custo adicional polo Nadal (até o 15 de xaneiro de 2024).
As liñas móbiles incluídas na nova tarifas permiten acumular e compartir datos, e contan con conectividade 5G, algo cada vez máis frecuente nos operadores de baixo custo, como consecuencia do dinamismo do mercado.
Lowi tamén informa de que até o 31 de xaneiro de 2024 mantén a oferta da súa tarifa móbil con chamadas ilimitadas e 30 GB de datos por 9,95 euros/mes.

PUBLICIDADE